CFP: XI LUSOCOM – 2014 MARCA – TERRITORIO: A CONSTRUCIÓN DA(S) IDENTIDADE(S) A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN ampliado prazo

/CFP: XI LUSOCOM – 2014 MARCA – TERRITORIO: A CONSTRUCIÓN DA(S) IDENTIDADE(S) A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN ampliado prazo
CFP: XI LUSOCOM – 2014 MARCA – TERRITORIO: A CONSTRUCIÓN DA(S) IDENTIDADE(S) A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN ampliado prazo2013-11-29T00:00:00+00:00

O espazo lusófono de comunicación comparte a preocupación polo complexo equilibrio entre o mantemento da identidade sustentada na cultura e a necesaria integración nun espazo comunicativo global. Dende esta perspectiva a utilización da comunicación como ferramenta básica na construción identitaria ven sendo unha realidade nos distintos territorios lusófonos. Neste contexto a potenciación da “Marca Territorio” supón unha oportunidade de grande interese. Unha “Marca-Territorio” que debe ir máis aló do concepto “Marca país” – que se está difundindo dende unha perspectiva puramente marketiniana – e debe evitar a súa delimitación baseada en fronteiras xeográficas ou políticas.

O Lusocom 2014 serve como foro de debate para coñecer a realidade e a evolución desas “Marca-Territorio” concibidas dende moitas perspectivas e que, como calquera marca, se compón dunha misión, visión e valores concretos que poden ser xestionados dende a comunicación, sendo incluso posible medir o peso de cada un dos elementos que configuran esas “marcas”: identidade, cultura, medios, historia, lingua, comunicación…

Moisés de Lemos Martins. Presidente da LUSOCOM
Margarita Ledo Andión. Presidenta da AGACOM
Emma Torres Romay. Directora do Departamento de Comunicación
Audiovisual e Publicidade. Universidade de Vigo.

Comité organizador / Comissão organizadora

Margarita Ledo Andión
Xosé López García
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
Emma Torres Romay
Amanda Paz Alencar
María Salgueiro Santiso
Carme Costa
Francisco Campos Freire
Xosé Ramón Pousa
Xosé Rúas Araújo
María Isabel Míguez González
Alberto Dafonte Gómez

Envío de propostas / Submissão de propostas de comunicação

Poderán ser remitidas propostas de comunicación para calquera dos grupos de traballo (GTs):

  1. Radio e televisión
  2. Xornalismo
  3. Publicidade
  4. Comunicación organizacional
  5. Socioloxía da comunicación
  6. Comunicación visual
  7. Redes sociais e cultura
  8. Historia dos medios
  9. Comunicación política e cultura
  10. Comunicación e educación
  11. Epistemoloxía da comunicación
  12. Semiótica
  13. Comunicación, arte e deseño
  14. Sociedade da información e políticas de comunicación
  15. Comunicación e respresentacións identitarias
  16. Estudos culturais

As propostas de comunicación deben respectar as seguintes orientacións:

1. A propostas teñen un límite mínimo de 150 palabras e non deben sobrepasar as 200 palabras.

2. As propostas deben ser presentadas co seguinte formato de texto:

– Tipo de letra Times New Roman tamaño 12.

– Espaciado entre liñas de 1,5 puntos.

3. O autor ou autora debe indicar o seu título profesional e a súa filiación institucional.

Datas importantes

10 de decembro: data límite para o envío de propostas de comunicación.

15 de xaneiro: notificación da aceptación de propostas de comunicación.

1 de marzo: data de entrega do texto definitivo para a súa publicación.

Tódalas propostas de comunicación deben ser enviadas á Secretaría do Congreso a través do e-mail: lusocom@uvigo.es

 

Inscricións / Inscrições

– Ata o 20 de xaneiro: 150 euros (incluindo estudantes de doutoramento); estudantes de mestrado: 30 euros.

– Ata o 1 de marzo: 200 euros (incluindo estudantes de doutoramento); estudantes de mestrado: 50 euros.

– Despois do 1 de marzo: 250 euros (incluindo estudantes de doutoramento); estudantes de mestrado: 80 euros.

Lugar:

FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN
UNIVERSIDADE DE VIGO (CAMPUS DE PONTEVEDRA) GALICIA – ESPAÑA